SERVIZOS

Os composteláns poden solicitar composteiros para os seus domicilios

10/11/2009 Dende o mércores 11 de novembro e polo prazo de 10 días hábiles, estará aberto o prazo para solicitar composteiros de uso domiciliario. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Santiago, situado na rúa Presidente Salvador Allende, nº 4 baixo), de luns a sábado, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A distribución dos composteiros farase considerando só aquelas vivendas que reúnan as condicións axeitadas, que dispoñan de horta ou xardín, e por estrita orde de solicitude, de conformidade cos criterios aprobados pola Xunta de Goberno Local na súa sesión do 5 de febreiro de 2007. Estes criterios especifican que os composteiros cédense en depósito para a súa utilización, sendo responsabilidade das persoas depositarias o uso axeitado dos mesmos, segundo as instrucións que se lle indiquen.

Os usuarios deberán facilitar o acceso dos técnicos municipais, así como dar información que se lles requira en cada caso. De non cumprir coas instrucións indicadas, o Concello poderá retirar os composteiros.

Compartir: