ALCALDÍA

O alcalde recibe ao intelectual brasileiro Frei Betto

09/11/2005 O teólogo, escritor e filósofo brasileiro da liberación Carlos Alberto Libanio Christo, coñecido como Frei Betto, visitou a Casa do Concello o mércores 9 de novembro.

O frade dominico Frei Betto foi un dos fundadores do programa Fome Zero (Fame Cero) posto en marcha polo goberno de Lula da Silva, de quen foi asesor persoal ata que en 2004 abandonou o seu posto por estar en desacordo coa súa política económica.

De visita en Compostela, Frei Betto pronunciou dúas conferencias os pasados días, na Fundación ONCE e na Facultade de Ciencias Políticas, visitou o Parlamento de Galicia, onde se entrevistou con representantes dos tres grupos parlamentarios, e o Consello da Cultura Galega.

Compartir: