ALCALDÍA

Deportistas de Special Olympics Galicia peregrinarán a Santiago durante o Xacobeo

28/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, e a unha representación desta entidade.

Na reunión, o alcalde expresoulle a Eladio Fernández a disposición do Concello a seguir colaborando con Special Olympics Galicia, tal como vén realizando nos últimos anos. Así será tamén na peregrinación que deportistas deste colectivo realizarán durante o Ano Santo 2010.

En setembro, as instalacións de atletismo do Campus Sur acolleron os XII Xogos Autonómicos de Atletismo Special Olympics. Alí déronse cita 253 atletas.

Na reunión tamén participaron a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, e o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama.

Compartir: