PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Homenaxe a tres veciños de Compostela
![A concelleira de Urbanismo e Educación, Mercedes Rosón, conversa con Esperanza Nogueira e Xesús Cea.](http://www.santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/imx/1256346053_MG_4170.jpg)
A concelleira de Urbanismo e Educación, Mercedes Rosón, conversa con Esperanza Nogueira e Xesús Cea.
23/10/2009 Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á homenaxe que a Concellería de Participación Cidadá lles rendu ás persoas que teñen traballado polo ben colectivo ao longo da súa vida.
Nesta edición os homenaxeados foron Esperanza Nogueira González, vogal da asociación de veciños "A Xunlla" de Laraño, e Manuel Castro Reboredo, presidente da asociación de veciños "O Pasadoiro" do Carballal; así como, Xesús Cea Seoane, veciño do barrio de Lermo.