ALCALDÍA

Down Compostela dá a coñecer as súas actividades na Feira de Curiosidades do Mundo da praza Roxa

21/10/2009 Ata o 1 de novembro permanecerá aberta na Praza Roxa a Feira de Curiosidades do Mundo, promovida pola Fundación Down Compostela. Esta mostra reúne a expositores que amosan a artesanía de diversos países.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a carpa que Down Compostela ten na Feira. Na mesma, a asociación dá a coñecer as actividades que realizan. Ademais, todos os que queiran colaborar coa Fundación pódense facer socios ou mercar diversos produtos.

A Feira de Curiosidades do Mundo conta con expositores que amosan e venden gran diversidade de produtos, tales como tecidos, cerámicas, madeira, metais nobres, bixutería, tapices, instrumentos, fragrancias, sedas, lámpadas, máscaras ou xogos didácticos. Proceden de países como Rusia, Perú, Brasil, India, Colombia, México, Arxentina, Chile ou Italia, entre outros.

A mostra abre de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas de luns a venres, e de 09:00 a 22:00 horas os fins de semana.

Compartir: