ALCALDÍA

Convenio con Retevisión para solucionar os problemas de recepción nalgunhas partes da cidade

08/11/2005 Perto de 7.000 composteláns serán beneficiarios directos e máis de 20.000 serán beneficiarios potenciais das melloras e da extensión da cobertura do servizo da rede de televisión no municipio de Compostela, gracias ao convenio de colaboración asinado o martes 8 de novembro, polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Retevisión, Tobías Martínez.

Esta cooperación atende ás queixas e preocupacións cidadáns pola defectuosa recepción dos sinais de diversos canles de televisión en distintos puntos da cidade.

Con este propósito os servicios técnicos de Retevisión realizaron medidas de campo e de calidade que confirmaron a deficiente cobertura e comprobaron a necesidade de modificar o emprazamento do centro reemisor para que os sinais radioeléctricas sexan emitidas en óptimas condicións. Deste xeito o convenio establece a instalación deste centro nun terreo cedido –ao igual que o anterior emprazamento- polo Concello nas Cancelas.

As actuacións necesarias para "mellorar a cobertura do servicio público esencial das televisións estatais públicas e privadas, TVE1, La 2, Antena 3 TV, Telecinco e Canal +" son as seguintes:

-Elaboración de estudos, dotación de sinal primario, redacción de proxecto radioeléctrico e proposta de canles de emisión diante da administración de telecomunicacións competente.
-Construción da infraestrutura de apoio para o devandito Centro Reemisor: caseta de aloxamento de equipos e instalación eléctrica interior, torre soporte de anteas, sistemas de protección e valo de peche.
-Traslado, instalación e posta en servizo do equipamiento radioeléctrico consistente en cinco equipos reemisores de 20 W e do equipamiento radioeléctrico complementario necesario.
-Conservación, explotación e mantemento deste equipamiento.

Correrán por conta de Retevisión as seguintes actuacións:
1. Prospección e planificación prevista, redacción dos proxectos radioeléctricos, dotación de sinal primario e proposta de canles diante da Administración de Telecomunicacións competente.
2. Construción da torre soporte de anteas e sistemas de protección.
3. Traslado do equipamento radioeléctrico ao novo centro reemisor e a adquisición do novo equipamiento para a difusión das televisións públicas TVE1 e La 2.
4. Conservación, explotación e mantemento do equipamento radioeléctrico.

Pola súa banda, o Concello de Santiago de Compostela asumirá a construción da caseta de aloxamiento dos equipos, instalación eléctrica interior e vallo de peche e cederá sen custo ningún o espazo necesario para a correcta ubicación e explotación do equipamento radioeléctrico.

O Concello cederá tamén cinco equipos reemisores de 20 W e o equipamento radioeléctrico complementario necesario para a prestación deste servizo e asumirá o pagamento do consumo de enerxía eléctrica do Centro Reemisor.

Finalmente Retevisión responsabilizarase da operación e mantemento de equipamento radioeléctrico para a difusión des televisións públicas e privadas estatales, gratuitamente no primeiro dos casos, e mediante o abono da cantidade de 2.153,52 euros anuais, no segundo dos casos.

Compartir: