ALCALDÍA

Sánchez Bugallo aposta pola imaxinación para lograr un "gran Xacobeo"

20/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu no Palacio de Congresos ao acto de presentación do avance da programación para o Xacobeo 2010. Despois do acto, expresou o seu convencemento de que será un "gran Xacobeo", malia a limitación dos recursos económicos.

Fronte ás restricións orzamentarias, Sánchez Bugallo indicou que e este será un Xacobeo "no que haberá que poñer máis imaxinación e menos recursos económicos". Sinalou que a presentación das liñas mestras do Ano Santo é un paso máis para conseguir o éxito desexado.

Compartir: