PERSOAL

Simulacro de evacuación no pazo de Raxoi

20/10/2009 Ás 8:30 horas, o persoal municipal do pazo de Raxoi participou nun simulacro de evacuación. Este procedemento enmárcase na implantación do Manual de Autoproteccción, Emerxencias e Evacuación.

Previamente a este simulacro, os traballadores do Concello recibiran unha circular co procedemento de actuación en situación de emerxencia. A mesma contía instrucións sobre aspectos como a comunicación dun incendio ou situación de perigo, ou o abandono do edificio, seguindo as rutas de evacuación e atendendo as instrucións do equipo de alarma e evacuación.

O desaloxo de Raxoi realizouse ordenadamente e sen incidencias e os traballadores dirixíronse ao punto de reunión na praza do Obradoiro, preto da escalinata da Catedral. Os efectivos policiais e de extinción de incendios fixeron acto de presenza no tempo estipulado e completaron o simulacro.

Compartir: