REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO

Aprobado o proxecto de acondicionamento da praza de Cervantes

08/11/2005 Os arquitectos Javier Franco e Vicente Pintos foron os encargados da redacción do proxecto básico de acondicionamento da praza de Cervantes e o seu contorno, por unha cantidade 7.700 euros, que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar.

O Concello asinou no 2001 un convenio de colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo en materia de actuacións na área de rehabilitación do casco histórico. Dentro deste convenio enmarcábase a reurbanización e remodelación da Praza de Cervantes e o seu contorno, cun orzamento de 420.708,47 euros.

O ámbito de rehabilitación comprende a Praza de Cervantes, a rúa de San Bieito, a Praza do Irmán Gómez e a Praza da rúa da Oliveira, así como a colocación dunha illa ecolóxica de contedores subterráneos na Algalia de Abaixo.

Compartir: