XUVENTUDE

Dous grupos premiados no segundo certame de MúsicaXove actuarán este sábado na Sala Capitol

15/10/2009 Este sábado 17 de outubro terá lugar na Sala Capitol un concerto no que actuarán dous grupos premiados no 2º Certame MUSICAXOVE’09, organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Santiago, dirixida por Xosé Baqueiro. Os composteláns Frab Fly e Agoraphobia, de Boiro, acompañarán no escenario ao grupo The Right Ons. Será a partir das 21,30 h.

O Departamento de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela convocou neste ano o 2º Certame MUSICAXOVE’09 co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos mozos e mozas, como unha iniciativa máis nun conxunto de propostas que tratan de poñer en marcha estratexias nesta perspectiva.

Nesta liña de apoio á creatividade musical creouse este Certame que, ademais de ter como destinatarios aos artistas emerxentes que manteñen a súa actividade en Santiago, ábrese ao intercambio e á ampliación do circuíto, dando cabida a todas aquelas bandas e solistas que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
. A entrada ao concerto deste sábado é libre e de balde, previa recollida de invitación no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche (Frei Rosendo Salvado 14-16, Tel.. 981 543 001)

Compartir: