MEDIO AMBIENTE

O concello outorga 1.269 euros para plantacións forestais

08/11/2005 Aínda que a partida total da que dispoñía o Concello para as axudas forestais era de 12.000 euros, só houbo dúas solicitudes.

A Xunta de Goberno Local celebrada o martes 8 de novembro aprobou o outorgamento de dúas subvencións para plantacións forestais en montes do concello de Santiago. Á convocatoria de 2005 presentáronse tan só dúas solicitudes. Ao primeiro solicitante foille outorgada unha axuda de 900 euros, mentres que ao segundo correspondéronlle 1.269 euros.

Esta cantidade foille concedida ao segundo solicitante -aínda que a contía máxima é de 900 euros por particular e de 3 euros por planta- posto que non se agotou a partida de 12.000 euros prevista para este tipo de axudas, e xa que o solicitante realizou unha plantación de 423 especies arbóreas.

Compartir: