FACENDA

A Xunta de Goberno aprobará o martes un recoñecemento extraxudicial de crédito

09/10/2009 A Comisión extraordinaria de Facenda celebrada na mañá do venres 9 dictaminou favorablemente o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 206.814,12 euros.

O importe das facturas que foron aprobadas correspóndense cos gastos de investimento que atinxen á reposición do enlousado do casco histórico, traballos de reparación de diversos centros socioculturais, rehabilitación da fabrica de curtidos de Belvís, acondicionamento das parcelas para os campos da festa de Nemenzo e Verdía ou acondicionamento do Centro de Proceso de Datos, entre outros traballos.

A existencia destas facturas rexistradas xa fora obxecto de análise por parte do PP no pleno do mes de abril, cando se aprobou a liquidación do orzamento do ano 2008 e así constaba nos informes de Intervención que acompañaron a dita liquidación.

Este acordo é o primeiro dos que se irán adoptando relativos aos recoñecementos de crédito precisos para reducir o importe das facturas recibidas e pendentes dos últimos anos, e que non foron recoñecidas no seu día por mor de atoparse en distintas fases na súa tramitación e, nalgún caso, existir discrepancias a respecto do seu importe.

O recoñecemento deste crédito non afecta ao orzamento corrente, senón que os créditos proceden de excedentes de exercicios anteriores.

Compartir: