ALCALDÍA

Os rapaces de Santiago e Segovia coñecerán e traballarán sobre o patrimonio de ambas cidades

09/10/2009 Compostela participa un ano máis no programa "Coñecer as cidades patrimonio", que xa vai pola súa novena edición. Esta nova convocatoria foi presentada pola concelleria de Eduación, Mercedes Rosón, e polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O obxectivo principal deste programa educativo, no que participan os nenos e nenas da ESO das 13 cidades Patrimonio da Humanidade de España, é que os rapaces e rapaces coñezan, precisamente, máis polo miúdo os segredos que agochan estas urbes.

Cada ano unha delas é a cidade organizadora, neste caso Córdoba, mentres que as outras se agrupan en parellas para que os rapaces de cada unha delas realice un traballo sobre a outra. Despois de arduos meses de invetigación, os alumnos obteñen como premio unha viaxe á urbe sobre a que traballaron e tamén á cidade organizadora.

Nesta ocasión os traballos deberán versar sobre o espazo urbano e a memoraia social, un tema de gran interese, como sinalou a concelleira de Educación, que animou a directores e profesores a amplicarse neste proxecto. O alcalde salientou así mesmo o importante de poñer en valor o patrimonio das cidades entre os máis novos.

Compartir: