SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local localiza o vehículo implicado nun accidente de tráfico na avenida de Lugo a semana pasada

07/10/2009 A Policía Local do Concello de Santiago localizou o camión que o pasado 2 de outubro se vira implicado nun accidente de tráfico cunha motocicleta na avenida de Lugo, á altura da ponte de Sar, en dirección á Coruña.

A partir dos datos que posuía, especialmente o relativo á matrícula de Burgos, a Policía Local conseguiu averiguar a empresa á que pertencía o devandito vehículo e quen era o condutor implicado no accidente, a quen se lle tomará declaración en breve para completar o atestado.

Compartir: