CENTROS SOCIOCULTURAIS

Compostela acolle a exposición "70 aniversario Monopoly"

07/11/2005 Con motivo do setenta cumpreanos deste xogo xa convertido en clásico, o vindeiro 9 de novembro, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite inaugurarase unha exposición que fai un percorrido pola historia, as anécdotas e as curiosidades do Monopoly, que na súa última edición ten unha casilla dedicada a Santiago de Compostela.

O mércores 9 de novembre ás 12 no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite (rúa Carlos Maside, 7) en Santiago de Compostela, a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, xunto ao madrileño Antonio Zafra, actual Campeón do Mundo de Monopoly, inaugurarán a exposición "70 Aniversario Monopoly". Esta mostra, que estará aberta ao público desde o 9 ata o 20 de novembro, ofrece un lúdico paseo pola historia, as anécdotas e algunhas edicións insólitas dun dos xogos máis famosos e vendido no mundo.

O visitante que acuda a esta mostra poderá coñecer desde unha reproducción do Monopoly orixinal de 1935 ata un Monopoly en caixa de madeira ou metal, pasando por Monopolys de Pokemon, de Harley Davidson, da Selección Española de Fútbol, de Singapur ou de Coca-Cola.

Compartir: