ALCALDÍA

O alcalde recibiu o embaixador de Xapón

01/10/2009 O novo embaixador de Xapón en España, Fumiaki Takahashi, visitou Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O alcalde e o embaixador falaron de diversas cuestións que unen os intereses de Santiago e do país nipón, coma o turismo ou o Camiño de Santiago. Outro dos temas da conversa foi a futura creación dunha delegación da Casa Asia en Santiago, a terceira de España tras as de Madrid e Barcelona.

Fumiaki Takahashi substituíu no cargo a Motohide Yoshikawa, quen visitara tamén Santiago en varias ocasións, a última con motivo do Foro España-Xapón, no que se anunciara a creación da delegación da Casa Asia. Takahashi fora anteriormente embaixador en Camboxa e enviado especial para a reconstrución de Iraq.

Compartir: