BENESTAR SOCIAL

O programa "Educación de rúa" pecha as actividades de verán no barrio de Conxo cunha festa e cunha exposición fotográfica

17/09/2009 As actividades realizadas este verán no barrio de Conxo no marco do programa Educación de rúa, da Concellería de Benestar Social, pecharanse mañá venres, 18 de setembro, cunha festa Fin do verán. Ademais, inaugurarase a exposición Un verán na rúa.

A Festa celebrarase na Casa das Asociacións, en Cornes, a partir das 17:30 horas. Contará con xogos e exhibicións artísticas dos mozos e mozas do barrio que participaron activamente nesta iniciativa do ocio alternativo.

A participación xuvenil acadada durante a época estival no barrio de Conxo foi moi positiva, tanto no que se refire aos rapaces e rapazas como á implicación das familias e das institucións da zona. Durante os meses do verán realizáronse excursións, xogos, axuda ao estudio, deportes e actividades educativas diarias que facilitaron unha aprendizaxe en forma ocio alternativo.

Ademais da festa, inaugurarase a exposición fotográfica Un verán na rúa, que reflicte as vivencias dos nenos durante este tempo. A mostra recompila o traballo e o ambiente lúdico e educativo no que se transformou o verán para os rapaces e rapazas de Conxo.

Compartir: