ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao ministro de Estado para a Agricultura da India

15/09/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao ministro de Estado para a Agricultura do Goberno da India, K.V. Thomas.

Sánchez Bugallo recibiu a K.V. Thomas na praza do Obradoiro, quen chegou a Santiago acompañado de representantes do seu Ministerio e da Embaixada da India en España. O ministro chegou a Galicia para participar na VI Conferencia de Ministros de Pesca, que se celebra en Vigo o 16 de setembro coincidindo coa Exposición Mundial da Pesca.

Compartir: