RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Compostela, punto de encontro internacional para o debate sobre a lingua española

14/09/2009 Os participantes no VIII Congreso Internacional da Historia da Lingua Española foron recibidos en Raxoi polo concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e parte da Corporación. Este acto forma parte do programa deste prestixioso encontro, que se celebra na cidade do 14 ao 18 de setembro.

Ao longo das súas catro xornadas deste Congreso Internacional están previstas oito conferencias plenarias, cinco mesas redondas e máis de 200 comunicacións. Johannes Kabatek (Universidade de Tubinga), Gilles Luquet (Universidade de París III Sorbonne Nouvelle), José G. Moreno de Alba (Universidade Autónoma de México), Manuel Ariza Viguera (Universidade de Sevilla), José Luis Girón Alconchel (Universidade Complutense de Madrid) e Ángeles Líbano Zumalacárregui (Universidade do País Vasco) son algúns dos poñentes que intervirán.

Haberá mesas redondas e una serie de sesións paralelas de comunicacións dedicadas de xeito monográfico a cuestións relacionadas coa morfoloxía e sintaxe históricas; lexicoloxía, lexicografía e semántica históricas; análise do discurso e pragmática histórica; historia do español en América; e sobre onomástica e toponimia.

Compartir: