RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E EDUCACIÓN

Santiago e Asissi fortalecen os seus estreitos lazos a través do Camiño

14/09/2009 Os concelleiros de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi a un grupo de escolares da cidade italiana de Assisi, irmandada con Santiago, días despois de rematar o Camiño.

Os 18 alumnos do Liceo Classico "Properzio" de Asissi, acompañados de cinco mestres, realizaron o Camiño de Santiago dende Sarria. Foron 112 quilómetros de percorrido, que os levaron a Compostela o sábado 12. Os peregrinos alcanzaron tamén Fisterra.

Mercedes Rosón tomou a palabra para agradecer aos rapaces a visita e felicitalos polo percorrido realizado, nuns días nos que o calor foi bastante intenso. Despois de recordar os lazos que unen a Santiago con Asissi, a delegación italiana entregou aos concelleiros sendas cruces de Tao, símbolo da orde franciscana, coa inscrición do Liceo.

Compartir: