BENESTAR SOCIAL

A concelleira de Benestar Social recibe un grupo de afectados de Paraparesia que chegaron a Santiago peregrinando desde Pamplona

10/09/2009 Mar Martín, edila de Benestar Social e Igualdade do Concello compostelán, recibiu na Praza do Obradoiro os membros da Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar que finalizaron hoxe o camiño de Santiago tras unha travesía de 11 días.

A AEPEF organizou esta viaxe cun obxectivo claro: facer un reto como colectivo, convivir durante o tempo de peregrinación, superar en grupo as dificultades e amosarse á sociedade como persoas capaces e capacitadas para o que se propoñan.

Para percorrer o camiño, empregaron unhas bicicletas adaptadas que lles permitían realizar o pedaleo cos brazos en vez de coas pernas.

Compartir: