EDUCACIÓN E MOCIDADE

Fernando Palacios impartirá un curso de formación musical

03/11/2005 A Escola Municipal de Música de Santiago acollerá o curso de formación musical "Presentar os concertos didácticos", que será impartido polo prestixioso pedagogo musical Fernando Palacios. O curso comezará o martes 8 e rematará o 10 de novembro, en horario de 17 a 21 horas.

O curso está dirixido a profesores de educación infantil, primaria e secundaria e, especialmente, a todos aqueles que, posuíndo unha formación musical ou escénica, desexen recibir unha formación complementaria sobre técnicas de presentación de concertos didácticos.

Este curso compleméntase coa conferencia "O castelo dos destinos cruzados", que terá lugar o venres 11 de novembro ás 19 horas, tamén na Escola Municipal de Música de Santiago. Os destinatarios da mesma son estudiantes, profesorado, educadores, músicos, pais e nais.

Compartir: