MULLER

Delantais para que eles tomen a iniciativa nas tarefas do fogar

03/11/2005 A campaña Unisex, posta en marcha pola Concellaría da Muller, pretende sensiblizar aos estudantes universitarios da importancia dun cambio de actitude no reparto de tarefas domésticas, facendo fincapé na idea de compartir.

A concellería de Muller do concello de Santiago vén de poñer en marcha a campaña "Unisex" que, encadrada nas actuacións da área de conciliación da vida laboral e familiar do Plan municipal de igualdade de oportunidades, pretende avanzar no reparto de responsabilidades familiares e domésticas.

A campaña está dirixida, principalmente, aos estudantes masculinos da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Segundo explicou a concelleira de Muller, Adelaida Negreira, esta campaña, que durará ata o Nadal, está pensada para os homes de entre 18 e 30 anos porque "son máis fáciles de reeducar" e é preciso que desde novos os homes tomen conciencia de que "non hai só que axudar, senón que hai que facer, compartir as tarefas". "O delantal", sinalou Negreira, "é un símbolo para que o poñan e o utilicen".

A partir do 4 de novembro distribuiranse polas facultades da USC uns vinte paneis con 5.000 tarxetas informativas e repartiranse uns mil delantais con lema "Compartimos libros, compartimos soños, compartimos a limpeza, compartimos facer a cama, compartimos desfacela, compartimos cociñar, compartimos fregar, compartimos o aseo...".

Ao remate do programa, elaborarase un informe cos resultados acadados.

Compartir: