ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibiu ao atleta compostelán Pedro Nimo

28/08/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao atleta compostelán Pedro Nimo, tras a súa recente participación na maratón do Mundial de Atletismo en Berlín.

Sánchez Bugallo felicitou a Nimo pola súa carreira e polo seu sacrificio na mesma, xa que tivo que correr afectado por intensas dores e infiltrado. Malia todo, conseguiu rematar a proba na 67ª posición, cun tempo de 2h 36m 39s. O atleta ten declarado que esta primeira participación súa nun campionato mundial foi a carreira máis dura da súa vida.

Compartir: