EDUCACIÓN

Preto de 12.000 persoas visitaron xa a exposición "Chaplin en Imaxes"

26/08/2009 Ata o 30 de agosto permanecerá aberta na igrexa da Universidade a exposición Chaplin en imaxes. Tamén ata esa data continúan desenvolvéndose visitas didácticas a esta mostra, nas que xa participaron máis de 500 nenos e mozos. Unhas 12.000 persoas visitaron en total a exposición.

O xoves 27 de agosto, ás 11:00 horas, un grupo de maiores da Residencia Porta do camiño participarán nunha destas visitas didácticas. O venres 28, á mesma, hora, tocaralle a un grupo procedente do Centro de Atención ás Persoas Maiores de Melide.

As visitas didácticas en torno á mostra dedicada ao gran creador Charles Chaplin están divididas en cinco temas: Chaplin vístese de Charlot, a evolución do personaxe, a evolución das súas películas, a linguaxe do corpo e linguaxe do silencio, Chaplin como fenómeno de masas que tamén atrae á vangarda e o tema denominado "Imaxinar o que o público espera e facer todo o contrario".

Compartir: