CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Club de Gastronomía de Fontiñas organiza unhas xornadas micolóxicas

02/11/2005 É tempo de cogumelos. O venres 4 e o sábado 5 de novembro, o club gastronómico do centro sociocultural das Fontiñas organiza unhas xornadas de recollida e degustación de setas para quen queira disfrutar de saborosas recetas típicas do outono.

AS III Xornadas Micolóxicas que organiza o Club Gastronómico das Fontiñas darán comezo o 4 de novembro, cunha charla coloquio arredor dos cogumelos ás 20 horas.
Ao día seguinte, sábado 5, saírase pola mañá cedo a recoller cogomelos, para logo aprender a preparar algúns dos pratos típicos deste tempo.

O menú que degustarán os participantes e "cociñeiros" destas xornadas estará composto por níscalos á segoviana, coello con cogumelos e castañas, troitas con "cardo", ensalada temperada de cogumelos e langostinos, risotto con fungos diversos, albahaca e mascarpone, tagliatelle con salsa de rúsulas e revolto de fungos sobre nido de
freisóns.

O prezo para quen queira participar nestas xornadas é de 3 euros. Para obter máis información ou inscribirse, pódese chamar ao teléfono 981 528 750.

Compartir: