FESTAS

Fangoria presenta en Compostela o noveno traballo da súa carreira

30/07/2009 Tras quince intensos días cheos de actividades, concertos e diversión, as Festas do Apóstolo chegan ao seu fin cos tradicionais fogos na escalinata do campus universitario, que corren a cargo da empresa pirotécnica Parente Firework. O espectáculo comezará ás 23:00 horas.

O gran concerto de fin de festa estará protagonizado por Fangoria, ás 24:00 horas na Praza da Quintana. Presentan o seu novo disco Absolutamente, un traballo que se titula así porque con el queren reafirmar todo o que son e abarcan Alaska e Nacho Canut. Trátase dun traballo que concentran tanto as súas influencias musicais como as estéticas e vitais.

É un disco que fala de despedidas e rupturas, unha obra na que a parella perfecciona o arte de dicir que non. É o noveno disco da súa traxectoria, un disco máis variado e aberto.

Unha nova edición do homenaxe ás Bandas Populares
Como xa é habitual dentro do marco das Festas do Apóstolo, tamén o 31 celebrarase a tradicional homenaxe ás bandas populares galegas. Esta ano cumpre a súa XXXI edición. Cinco bandas procedentes de Vilalba, Sarria, Arteixo, Rivadulla e Moaña serán as encargadas de poñer a nota musical polas rúas da zona histórica da cidade.

As bandas participantes son:
- Asociación cultural banda de música ca de Vilaba
- Banda de música municipal de Sarria
- Banda de música Santiago de Arteixo
- Banda de música Sta. Cruz de Rivadulla
- Banda de música Ariños do Morrazo de Moaña

Preto de 300 músicos chegarán sobre ás doce da mañá ao Obradoiro. As bandas partiran tocando dende a praza do Obradoiro ata apraza da Quintana (Fonseca, Rúa do Franco, Toural, Rúa Nova, Mazarelos, Quintana). Ás 12:15 horas situaranse na escalinata da praza para realizar o saúdo oficial ao alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo. A continuación, cada banda fará un saúdo de acorde a organizador e presentador do evento, Xosé Lois Bernal (Farruco). De seguido, as cinco bandas interpretarán conxuntamente o Himno Galego e saíran tocando da Quintana para facer un pasarrúas pola zona monumental, "só parando de cando en vez a mollar a palleta no bar onde inviten", apunta Farruco.

Ao mediodía haberá un xantar de confraternidade. Ás 18:00 horas está programado o concerto, para o que cada banda disporá de 30 minutos para interpretar un repertorio libre.

Lugar dos concertos:

Rúa do Vilar:
Sarria – Santa Cruz de Ribadulla – Moaña

Praza Roxa:
Arteixo – Vilalba

Outras actuacións en diferentes puntos da cidade
Os grupos gañadores do II Certame de MúsicaXove tamén teñen o seu oco no Apóstolo. Ás 22:15 horas, The Weak Force, Frab Fly e Tramaturgia darán un concerto na Praza Roxa. Na Alameda actuará a orquestra Suavecito a partir das 23:15 horas. Outra opción musical vivirase no Toural, co concerto de La Banda de Nash ás 23:30 horas, e ás 24:30 horas colleralle o relevo Liridade Noctámbula. Á 1:30 horas Son Tres pechará as festas con música latina en San Paio de Antealtares.

Compartir: