NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Vinte rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos participarán en "AnimaLingua"

30/07/2009 A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, mantivo unha xuntanza cos pais dos 20 rapaces que participarán entre o 17 e o 26 de agosto na granxa escola de inmersión lingüística AnimaLingua, na Fervenza do Toxa (Silleda). Na reunión, celebrada na Casa das Asociacións de Cornes, participaron tamén os monitores responsables do desenvolvemento da actividade.

Nesta xuntanza explicóuselle aos pais todo o relativo a este campamento e así quedou todo listo para a saída, prevista para o 17 de agosto, ás 15:30 horas, dende a dársena de Xoán XXIII. Os pais recibiron as recomendacións sobre a roupa e o calzado que deben levar os rapaces e as normas da granxa. Tamén se lles entregaron as autorizacións e formularios a cumprimentar e un cronograma con todas as actividades que se realizarán nos 10 días de campamento.

Documentos relacionados



Compartir: