FESTAS

Macaco presenta o seu novo disco en Santiago

28/07/2009 A xornada do mércores 29 nas Festas do Apóstolo ten como prato forte do día a presenza de Macaco na praza da Quintana, ás 22:30 horas. Alí presentará o seu último traballo, Puerto Presente, que inclúe o seu coñecido tema Moving.

Macaco é un grupo multicultural liderado por Daniel Carbonell, exemplificando a mestizaxe e a fusión no mundo da música e dotado dunha forza insuperable. A mixtura de sons latinos, brasileios e africanos con notas de rumba catalana, reggae, hip-hop e ska; converten a esta banda de arxentinos, colombianos, e españois nun estandarte da Barcelona bastarda e multicultural.

Outra alternativa musical para o mércores 29 será Proxecto Cumaco, que tocará na Praza do Toural a partir das 23:00 horas. Teñen un estilo que denominan "Latin Jazz", con temas non que conflúen unha quincena de ritmos distintos de diversos continentes e unha armonía orixinal e fresca, rica en jazz pero con moitos máis alicientes.

A banda está formada por Clara Peya (piano), Alan Rodríguez (saxo), Alba Serrano (Voz) e Guillermo Mazzuca (bajo), máis a batería, percusión e guitarra. É música rítmica latina, funk e jazz onde se poden apreciar solos de todos os instrumentos e gozar da forma de camiñar da banda.

Compartir: