EDUCACIÓN E MOCIDADE

O estadio de San Lázaro acondiciona os seus locais de ensaio musicais

31/10/2005 Desde finais de outubro están adecuados para o ensaio de grupos musicais e dotados de novo instrumental. Para ter acceso a estes locais, ha de cumplimentarse un impreso de solicitude.

No ano 2003 habilitáronse dous baixos do estadio munipal de San Lázaro como locais de ensaio para grupos de mozos e mozas, que se dotaron de diverso material para facilitar o uso por parte da mocidade. Durante todo o ano, máis de 25 grupos realizaron ensaios ao longo da semana en diferentes horarios, previa a correspondente solicitude.

Nas últimas semanas de outubro de 2005, fíxose o acondicionamento acústico dos locais así como a dotación de novo instrumental para os mesmos.

Para poder disfrutar destas instalacións é preceptivo facer a correspondente reserva mediante o documento oficial que se pode descargar máis abaixo. Así mesmo, poden consultarse as normas de utilización de ditos locais.

Compartir: