FESTAS

Saras Baras trae á Quintana o seu espectáculo de flamenco "Juana V Centenario, Juana la Loca"

27/07/2009 A xornada do martes 28 das Festas do Apóstolo trae a Santiago o espectáculo de baile flamenco da bailaora Sara Baras, dende as 23:00 horas na Praza da Quintana.

A bailaora gaditana representa na actualidade por toda España o seu espectáculo Juana V Centenario, Juana La Loca, unha obra que xa realizara no ano 2000 e que volve a recuperar con motivo do quinto centenario da chegada da S.M. Juana I de Castilla á Casona-Palacio de Tordesillas, onde pasou recluida os derradeiros 46 anos da súa vida, ata a súa morte o 12 de abril de 1555. Este espectáculo recibiu numerosos elexios por parte da crítica e do público dende a súa presentación hai nove anos.

Por outra parte, continuará desenvolvéndose a programación da Carpacabaré. Desta volta abrirá ás 23:00 horas cun espectáculo de figuración, posto en escena e obertura da man de Nelson Quinteiro e a compañía Femme Fatale. Titúlase Ronda poética/batallón literario.

Media hora despois, a compañía Familia Crowley pon en escena o espectáculo Casei cun vampiro. E á 1:30 horas, música ao vivo da man da orquestra Desvarietés, co seu espectáculo Cosmopolitan Cabaret.

Outra opción do día está no Toural, onde ás 23:30 horas estará a formación cubana La Banda de Yofi.

Documentos relacionados



Compartir: