INFRAESTRUTURAS

A rede de saneamento da rúa de Teo será renovada

31/10/2005 O Plan de Grandes Cidades-2005 elaborado pola Deputación Provincial de A Coruña asignou ao concello de Santiago 1.000.000 euros para proxectos de renovación ou instalación de infraestruturas.

A Xunta de Goberno Local celebrada o luns 31 de outubro aprobou os proxectos propostos polo concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, que serán incluídos no Plan de Grandes Cidades 2005.

Conforme a esta proposta, será reposto o pavimento da rúa de Teo, e contará cunha nova rede de saneamento, cun orzamento total de 309.465,40 euros. Ademais, a Estación de Autobuses contará cunha nova escaleira mecánica que custará 153.109,92 euros.

Para o abastecemento de A Grixoa, que ata o de agora non contaba cunha rede de abastecemento de auga potábel, investiranse 205.871,44 euros. Tamén se sanearán as augas residuais en Son de Abaixo (60.094,32 euros de orzamento). Por último, destinaranse 60.088,71 euros para o saneamento e bombeo de augas fecais na rúa Santa Teresa de Jornet.

Compartir: