ALCALDÍA

Os veciños de Busto expoñen ao alcalde as súas peticións

31/10/2005 A ampliación da vella ponte do ferrocarril, actualmente en desuso, foi unha das principais peticións que os veciños da parroquia de Busto manifestaron ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, no transcurso dunha visita a esta parroquia.

Na visita, realizada o domingo 30 de outubro, Sánchez Bugallo, visitou xunto cos veciños as obras do novo campo de festa, que rematarán previsiblemente no primeiro trimestre do próximo ano, de xeito que poida ser estreado na festividade parroquial. o día de San Pedro, 29 de xuño.

Respecto da ampliación da vella ponte sobre o ferrocarril, que constitúe a principal vía de acceso a Busto, o alcalde informou aos veciños que o Concello estudiará se resulta máis viable técnicamente ampliar a ponte actual o construír unha nova.

Compartir: