COMERCIO
O xurado, integrado por asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valorou especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. Na súa decisión primou tanto o escaparate como o interior do comercio. Entre os participantes predominaban as tendas de alimentación, téxtil e confección, e artesanía. A lista de inscritos tamén incluía estabelecementos de comercio xusto, decoración, óptica, seguridade, artes escénicas, tecnoloxía da información e a comunicación, xoiarías e perfumarías.
O concurso consta de catro edicións. primavera, verán, outono e Nadal. Os premios para os comercios gañadores consisten en campañas publicitarias a nivel local por valor de 5.156 euros para os primeiros clasificados en cada unha das edicións, de 2.306 euros para os segundos, e de 1.682 euros para os terceiros clasificados. Contabilizando as catro edicións, no VI Concurso de Escaparatismo está previsto repartir 36.581 euros en premios.
Entregadas as bandas aos gañadores da edición de verán do Concurso de Escaparatismo
20/07/2009 O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na edición de verán do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping: a tenda de doces Pecados de Compostela, Óptica Pontecastro e Sistemas de Seguridade A-1. O obxectivo do certame, dirixido a todos os comercios da cidade, é contribuir á dinamización e mellora dos estabelecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.
En primeiro lugar, Xosé Manuel Iglesias entregou as bandas de escaparatismo ao primeiro comercio clasificado, Pecados de Compostela, situado no Cantón do Toural, 5. A continuación dirixiuse a Óptica Pontecastro, segunda clasificada, localizada na praza do Doutor Puente Castro, 6. Por último, o concelleiro entregou a banda ao estabelecemento premiado en terceiro lugar, Sistemas de Seguridade A-1, situado na rúa da República Arxentina, 29.O xurado, integrado por asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valorou especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. Na súa decisión primou tanto o escaparate como o interior do comercio. Entre os participantes predominaban as tendas de alimentación, téxtil e confección, e artesanía. A lista de inscritos tamén incluía estabelecementos de comercio xusto, decoración, óptica, seguridade, artes escénicas, tecnoloxía da información e a comunicación, xoiarías e perfumarías.
O concurso consta de catro edicións. primavera, verán, outono e Nadal. Os premios para os comercios gañadores consisten en campañas publicitarias a nivel local por valor de 5.156 euros para os primeiros clasificados en cada unha das edicións, de 2.306 euros para os segundos, e de 1.682 euros para os terceiros clasificados. Contabilizando as catro edicións, no VI Concurso de Escaparatismo está previsto repartir 36.581 euros en premios.