PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Compostela, vista polo artista portugués José Monteiro

17/07/2009 Dentro do programa de verán da Casa das Asociacións organizado pola Concellería de Participación Cidadá, inaugurouse a exposición de óleos do artista portugués José Monteira, a través dos que ofrece a súa particular visión de Compostela. A mostra estará aberta ata o 14 de agosto.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a mostra de José Monteiro, quen tamén estivo presente na apertura e asinou reproducións da súa obra. Este artista, nado en Mozambique en 1958, emigrado a Brasil e residente en Portugal, ten participado entre 1984 e 2008 en diversas exposicións individuais e colectivas.
Actualmente segue a expoñer nas mellores galerías do litoral portugués.

Exposicións individuais:

1985 Casa das artes de Pecife
1990 Galería Municipal de Barcelos
1990 Biblioteca Municipal de Barcelos
1994 Casa das Artes de Fafe
1996 e 1997 Casa de turismo de Esposende
2000 Paços do Consello, Viana do Castelo
2006 Restaurante Sexto I, Santiago
2006 Multiusos do Sar, Santiago
2006 e 2008 Festa do Mar, Combarro
2008 Café Casino, Santiago
2008 Casa de Turismo de Esposende
2008 Consello Galego de Relacións Laborais, Pazo de Amarante
2008 Carpeta Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
2009 Óleo 200 x 100 Empresa eólica Vestas A Coruña

Exposicións colectivas:

1984 MASP. Museo de Arte Moderna de Sao Paulo y Rio de Janeiro
1985 MAM Museo de Arte Moderna Río de Janeiro
1987 Museo Calconste Gulevenicion
2005 MASP Museo de Arte Moderna de Sao Paulo y Rio de Janeiro
2006 Marcapersonal, Milladoiro Santiago
2006 Feira Festa do Mar, Combarro Pontevedra
2007 Arte na Rúa, Santiago
2008 VIII Feira Expovivenda de Santiago, con Marcapersoal

Compartir: