ALCALDÍA

Listo para a súa apertura o novo aparcadoiro do Hospital Clínico

14/07/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza coa nova xerente do Hospital Clínico de Santiago, Rosa Bermejo. No encontro comunicoulle que xa se recibiu a autorización da Consellería de Medio Ambiente para abrir o novo aparcadoiro a carón do Hospital Clínico. Así, a previsión é abrilo definitivamente o sábado 18 de xullo.

A apertura do aparcadoiro foi un dos temas tratados nunha reunión que serviu para que o alcalde dese a benvida á nova xerente do CHUS, á que desexou o "máximo éxito e acerto". Sánchez Bugallo amosouse satisfeito polo compromiso de Rosa Bermejo de continuidade dalgúns proxectos previstos con anterioridade.

Pola súa parte, a xerente do CHUS manifestou o seu desexo de traballar para que "os composteláns se sintan orgullosos do seu complexo hospitalario", tanto no aspecto asistencial coma no docente.

Compartir: