EDUCACIÓN
Ferradura Aberta 2009 inaugurarase o mércores 15 de xullo, de 16:45 a 19:15 horas, nunha xornada na que a Banda Municipal de Música ofrecerá un concerto. Logo, ás 19:15 horas, novo concerto didáctico, desta vez da man do trío acústico Amecer, cun repertorio composto por músicas do mundo.
Será o punto de partida para xornadas cheas de obradoiros: cestería, construción de xogos e xoguetes, medio ambiente, encadernación, papiroflexia e tren turístico, entre outros. Destacan nesta edición o taller do club canino "Só lles falta falar", para ensinarlles aos nenos e nenas a perderlle o medo aos cans, aprendendo a reaccionar axeitadamente diante da presenza de calquera can. Tamén novidosa será a xincana da lingua, co obxectivo de chegar a unha aprendizaxe máis dinámica e á asimilación dos valores de tolerancia e respecto cara as linguas e culturas do mundo, parándonos no máis próximo, a lingua galega.
Deporte e espazo para os máis pequenos
Para os máis deportivos, haberá un espazo para perfeccionar habilidades e técnicas en diversas disciplinas: xadrez e xogos de mesa, garabato de xogo, esgrima, tenis de mesa, deporte Wii, pista de skate e xincana ciclista.
Os máis pequenos, de 2 a 5 anos, tamén contarán cun espazo lúdico específico para eles. E para que os pais e nais e acompañantes dos nenos poidan conversar, informarse ou simplemente descansar, tamén haberá un espazo para eles.
Ferradura Aberta está dirixido a rapaces de 2 a 5 e de 6 a 14 anos. Desenvolverase do 15 ao 29 de xullo, de luns a venres, de 18:00 a 21:00 horas. A participación é de balde. Durante o desenvolvemento do programa permanecerá aberto un servizo de información e recepción no paseo da Ferradura. Tamén se pode solicitar máis información nos teléfonos do Concello 981 554 400 ou 981 528 730.
Cita para os rapaces na Alameda nunha nova edición de Ferradura Aberta
13/07/2009 Ferradura Aberta 2009 congregará un ano máis aos composteláns máis novos nun espazo lúdico pensando especialmente para eles nestas datas de verán. O paseo da Ferradura da Alameda acollerá do 15 ao 29 de xullo un amplo programa de lecer composto por diversos obradoiros e espazos deportivos.
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou o programa desta edición de Ferradura Aberta, iniciativa na que tamén colaboran os departamentos de Deportes, Igualdade, Benestar Social, Normalización Lingüística, Participación Cidadá, Xuventude e Limpeza. En palabras do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, no tríptico informativo, con este programa "o Concello quere dar resposta ás novas necesidades de lecer nunha cidade educadora na que a educación é o medio a través do que a cultura se reproduce, se transmite, se desenvolve e evoluciona".Ferradura Aberta 2009 inaugurarase o mércores 15 de xullo, de 16:45 a 19:15 horas, nunha xornada na que a Banda Municipal de Música ofrecerá un concerto. Logo, ás 19:15 horas, novo concerto didáctico, desta vez da man do trío acústico Amecer, cun repertorio composto por músicas do mundo.