ALCALDÍA

O alcalde reúnese cunha nova asociación de empresarios composteláns

08/07/2009 Representantes da Asociación de Empresarios de Distribución de Produtos Alimenticios e de Bebidas de Santiago de Compostela e Comarca acudiron hoxe á Casa do Concello para reuniurse hoxe co alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A nova asociación, que preside José Lorenzo Puente, achegouse ao Concello para dar coñecemento da súa recente constitución e trasladarlle aos súas inquedanzas ao alcalde.

Compartir: