ALCALDÍA

Santiago acollerá un congreso nacional sobre arte en 2010

08/07/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi os organizadores do XVIII Congreso Nacional de Historiadores da Arte, que se celebrará na cidade entre os días 20 e 24 de setembro de 2010.

Á cita acudiron o director do departamento de Historia da Arte da USC, Enrique Fernández Castiñeiras, e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan M. Monterroso Montero, que lle presentaron persoalmente ao rexedor compostelán o programa do congreso que están a organizar.

O Comité Español de Historia da Arte, en colaboración do departamento desta disciplina da Universidade de Santiago de Compostela son os convocantes deste XVIII Congreso bautizado co lema "Mirando a Clío. A arte española espello da súa historia", que se organizará en oito sesións coas seguintes temáticas: a memoria da cidade; nas marxes; comunidades e individuos; quimeras e especulacións; identidades; historia da arte e docencia; proxectos e innovación; pósters.

Compartir: