ALCALDÍA

O alcalde coloca a primeira pedra dun polígono de máis de 200 vivendas protexidas en Lamas de Abade

27/06/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o acto de colocación da primeira pedra das obras de urbanización do SUNP-12 de Lamas de Abade, no barrio do Castiñeiriño, polígono xestionado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA).

O solo que se vai urbanizar abarca unha superficie de 69.723 na que se van construír un total de 341 vivendas, das que 253 son protexidas. Así mesmo, o polígono contará con 10.314 metros cadrados de superficie destinada a novo viario público e case 20.000 metros cadrados (18.987) de equipamentos, dotacións e zonas verdes.

15.274 metros cadrados estarán recubertos de céspede ornamental e a área contará con 571 unidades de árbores e arbustos, 219 luminarias, 97 bancos, 2 fontes e unha unidade de xogos infantís para os máis pequenos.

Os traballos contan cun orzamento de 4.763.386 euros. A construción deste polígono entra dentro das liñas de actuación municipais en materia de vivenda que teñen como obxectivo potenciar a posibilidade de aceso á vivenda dos cidadáns con menos capacidade adquisitiva.

Compartir: