PLENO

O Salón de Plenos incorpora un sistema para contabilizar os turnos de intervención e manter un arquivo dixital de sesións

25/06/2009 O Salón de Plenos do Concello de Santiago conta desde hoxe cun sistema i-boss, que ademais de contabilizar os turnos das intervencións plenarias permite gravar e manter un arquivo dixital de sesións.

A maiores, ampliando o seu software, existiría a posibilidade de publicar en tempo real ou diferido as sesións do pleno e envialas a calquera medio, así como gravalas nunha base de datos documental, o que permitiría redactar actas dun xeito máis sinxelo e preciso.

O i-boss supón un modelo de xestión integral das sesións do pleno como ferramenta de apoio á Secretaría municipal.

Compartir: