PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Éxito de público nas representacións para os veciños da obra de teatro "Dormes?"

25/06/2009 O Teatro Principal acolleu dúas representacións da obra Dormes?, do autor e director Miguel Carbajal. Este espectáculo incluíase do programa Imos ao Teatro, no marco das actividades de verán impulsadas pola Concellería de Participación Cidadá.

Numeroso público achegouse a estas representacións, coas que a Concellería de Participación Cidadá intenta motivar aos veciños para que vaian ao teatro. A seguinte actividade do programa da Casa das Asociacións será o venres 26, cando se celebre a Noite de Astronomía. Aínda quedan prazas para apuntarse a esta sesión, que comeza ás 22:30 horas na terraza da Casa e na que colabora o Club Compostelán Astronomía Vega.

Para apuntarse á Noite de Astronomía tan só é necesario chamar ao teléfono 981 542 350.

Compartir: