PLENO

O pleno aprobará a concesión da medalla de ouro a Álvaro Siza

27/10/2005 Na sesión ordinaria do pleno do 27 de outubro aprobarase a concesión da medalla de ouro a Álvaro Siza, entre outros puntos.

O proxecto de modificación de ordenanzas fiscais e prezos públicos para o 2006 figura entre os puntos da orde do día a aprobar no pleno que se celebrará o 27 de outubro.

Ademais, está previsto que se aproben os estudos de detalle do SUNP-20 da Amanecida e do polígono 2 do SUP-3 de Pontepedriña.

O arquitecto Álvaro Siza será nomeado fillo adoptivo da cidade e a el serálle entregada tamén a medalla de ouro ao mérito cultural.

Ademais, co gallo do día internacional da non violencia contra as mulleres, será aprobada unha declaración institucional.

Compartir: