REFUXIO MUNICIPAL DE ANIMAIS

Escolares de primaria do Colexio Pío XII visitan o Refuxio de Bando

10/03/2005 Setenta e cinco nenos do colexio Pío XII farán a primeira visita ao Refuxio Municipal de Animais de Bando o venres 11 de marzo.

O venres día 11 de marzo, ás 11.30 da mañá, uns setenta e cinco nenos e nenas do colexio Pio XII, repartidos en tres grupos, realizarán a primeira visita guiada ao novo Refuxio Municipal de Animais de Bando. Os escolares tamén visitarán na antiga escola de Bando un xardín de prantas medicinais.

Esta visita está encadrada no programación de educación ambiental organizado polas Concellaría de Educación e Medio Ambiente e a asociación ecoloxista Adega.

Compartir: