MEDIO AMBIENTE

Compostela recupera unhas vistas privilexiadas no Monte de Deus

20/06/2009 A rexeneración do Monte de Deus permitiu recuperar esta área para o disfrute dos cidadáns. Dende aquí, un mirador permite agora disfrutar dunhas vistas privilexiadas de Santiago.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o novo mirador do Monte de Deus, nun acto no que tamén participou a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e outros membros da Corporación. Este novo espazo forma parte do proxecto de rexeneración que se levou a cabo nesta zona.

Recuperouse o contorno deste ámbito, coa rexeneración da vexetación autóctona e a corrección dos impactos causados polo trazado e pola integración de infraestruturas. Pretendíase tamén por en valor os elementos etnográficos e culturais, e crear infraestruturas para facilitar o sendeirismo. O novo mirador, ademais de ofrecer unha das mellores vistas da cidade, dispón de paneis informativos.

Compartir: