ALCALDÍA

O presidente da Xunta será o Delegado Rexio na Ofrenda ao Apóstolo

18/06/2009 O Rei Don Juan Carlos de Borbón designou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, Delegado Rexio nos actos da tradicional Ofrenda ao Apóstolo, que se desenvolverán o vindeiro 25 de xullo, na Catedral de Santiago.

É a primeira ocasión na que Alberto Núñez Feijoo, como xefe do Executivo galego, oficiará de Delegado Rexio nos actos da ofrenda do Apóstolo do 25 de xullo. A decisión foille comunicada esta mañá ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, polo xefe da Casa Real.

Nos últimos anos, desde 1999, S. M. El Rey Don Juan Carlos I realizou a Ofrenda en dúas ocasións, 1999 e no 2004, ambos Anos Xubilares; o ex-presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, oficiou a Ofrenda no ano 2000; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, nos anos 2001, 2005 e 2008; a Infanta Cristina foi Delegada Rexia no ano 2002; o ex-presidente do Parlamento, José María García Leira, no ano 2003; en 2006 o oferente real foi o ex-presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e en 2007 a ex-presidenta do Parlamento, Dolores Villarino.

Compartir: