CONGRESO

Compostela, punto de encontro de profesionais e estudantes de criminoloxía

18/06/2009 A cidade de Santiago acolle do 18 ao 20 de xuño o VI Congreso Nacional de Criminoloxía, baixo o lema "Criminalidade e risco: predición e prevención". Dentro do programa do evento figuraba o paso dos participantes por Raxoi, onde foron recibidos pola tenenta de alcalde, Socorro García Conde, e outros membros da Corporación.

Investigadores, profesionais e estudantes do ámbito da criminoloxía participan neste Congreso, marco no que se comparten coñecemento, achados e experiencias co obxecto de reforzar o valor da predición, a valoración do risco e a prevención dentro da ciencia criminolóxica.

Compartir: