ALCALDÍA

Compostela e Ávila, 22 anos unidas polo ciclismo

16/06/2009 Un ano máis, e xa son 22, chegaron á cidade os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago. A delegación de 18 ciclistas foi recibida en Raxoi pola concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez.

Como cada ano, esta agrupación realizou unha marcha ciclista que une Ávila e Santiago de Compostela. A delegación abulense expresou a súa satisfacción por seguir realizando esta rota, que une dúas cidades Patrimonio da Humanidade. Trátase ademais dunha boa forma de unir dúas cidades a través do deporte.

Compartir: