BENESTAR SOCIAL

Un grupo de persoas en situación de pobreza extrema finaliza o Camiño de Santiago cunha recepción no Concello

15/06/2009 A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, recibiu no Pazo de Raxoi un grupo de peregrinos que se atopan nunha difícil e precaria situación. Realizaron o Camiño de Santiago acompañados polos membros das organizacións non lucrativas Igaxes3 e Fundación Rede de Apio á Integración Sociolaboral, que traballan con eles nos seus programas de atención.

Mar Martín quixo salientar o importante esforzo persoal destes peregrinos, que realizaron o Camiño como exemplo da vontade que eles mesmos están a poñer para revertir a súa situación persoal.

Igaxes3 é unha ONG que traballa especialmente a inclusión social de colectivos vulnerables a través dunha filosofía de traballo. Pola súa banda, a Fundación Rede de Apio á Integración Sociolaboral leva acumulado nos seus once anos de existencia unha importante experiencia no deseño, posta en marcha e xestión de recursos de intervención con poboación en situación de exterma exclusión, fundamentalmente persoas sen fogar e inmigrantes en risco de exclusión severa.

Compartir: