ALCALDÍA

O alcalde apoia a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

15/06/2009 O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sumouse á campaña de apoio á declaración da Torre de Hércules, único faro romano do mundo que segue en funcionamento, como Patrimonio Mundial. Visitou, xunto co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a carpa instalada na Praza do Obradoiro destinada á recollida de sinaturas e engadiu a súa ás máis de 300.000 que xa se teñen recadado para esta misión.

Esta carpa, na que tamén asinaron outros membros da corporación municipal e da Consellería de Cultura, percorrerá as principais cidades galegas en busca do máximo apoio para o monumento herculino. Terá de tempo ata final de mes, cando unha comisión da UNESCO se reunirá en Sevilla para decidir que edificios pasarán a gozar da consideración de Patrimonio da Humanidade.

Compartir: